Guía gastro para degustar A Coruña durante o Festival Noroeste

Guía gastro para degustar A Coruña durante o Festival Noroeste

Foto:  Restaurante Alborada.

María Losada Miguéns

A Coruña empápase desde este martes do ambiente do Festival do Noroeste Estrela Galicia. Ata o vindeiro domingo os espazos da cidade transfórmanse para acoller os concertos e os eventos desta cita musical, que cada ano conta con máis adeptos. E é que ademais, o Festival Noroeste, polas súas características e a súa aposta por celebrar as súas actuacións en distintos lugares da cidade, converteuse nunha cita cun alto compoñente gastronómico, que encanta a locais e visitantes a partes iguais.

Gozar da gastronomía de Coruña ao ritmo dos grupos do Festival Noroeste é un dos vantaxes de pasar agosto na cidade herculina. E desde Benbo preparamos un plan para que degustar Coruña durante o festival sexa máis fácil que nunca.

O Mercado de la Cosecha

O sábado 11 e o Domingo 12, desde o mediodía e ata as 10 da noite, o Parque Paseo de los Puentes celebrará unha romaría popular da man do Mercado de la Cosecha.  Así, ademais de poder gozar dalgúns dos grupos máis coñecidos do  indie nacional, o Mercado traerá talleres, xogos e por suposto degustacións, para achegarnos á realidade do rural galego e poñer en valor os produtos de proximidade e con garantía de orixe.

A rúa da Estrella….

A rúa da Estrella forma xunto á rúa Olmos e á rúa Barrera a zona de tapas por excelencia de A Coruña. Tortilla (á maneira de Betanzos),  rabas, patacas  ali  oli e un sen fin de opcións máis atópanse nos seus bares. O tapeo clásico e tradicional na zona con máis ambiente da cidade é unha parada ineludible para coñecer a esencia gastro de A Coruña.

….e a estrelados

Alborada e Árbore da Veira son os dous restaurantes con Estrela Michelin da cidade. Alborada, do chef Iván Domínguez é unha aposta polo produto de calidade combinada cunha técnica depurada. Árbore da Veira, de Luís Veira busca renovar a cociña coruñesa con produtos de autor e cociña de tempada. O difícil será elixir un para probar con calma o seu menú degustación e tomarse un respiro dos concertos do Festival Noroeste

Os seus mercados

Pasear polos  mercados da Coruña é outra das visitas ineludibles para un fin de semana  gastro na cidade. O Mercado da Praza de Lugo é un dos máis visitados da cidade e destaca pola variedade e a calidade dos seus peixes e mariscos. Outra parada obrigada é o Mercado Municipal de San Agustín, no que pasear entre produtos frescos e facer algunha que outra compra moi preto de María Pita. A cidade conta con outros dous mercados como son o de Santa Lucía e o de Elviña.

As prazas e rúas do Noroeste

O Festival Noroeste destaca precisamente por situarse en diversos puntos da cidade da Coruña, do Castelo de San  Antón á praia de Riazor, sen esquecer as súas prazas, nas que se sitúan moitas das actuacións e ao redor das cales hai un mundo gastronómico por descubrir.

O Festival Noroeste amplía este ano a súa programación e o xoves, venres e sábado a música empezará a soar ao mediodía coas Matinais do Noroeste. A música continuará pola tarde polo que se converte na escusa perfecta para moverse por A Coruña e descubrir a gastronomía de barrio. En distintos lugares da cidade como é o Campo da Leña, que destaca polo ambiente á hora do aperitivo durante os fins de semana, a Fundación Luís Seoane, rúa Capitán Troncoso, en pleno centro e moi preto de bares e restaurantes de tapeo, ou a Praza das Bárbaras haberá música en directo. Unha oportunidade única para gozar da gastronomía e da hostalería local da Coruña ao son dos grupos do Noroeste Festival.

Comparte...