Vinte e tres restaurantes galegos contarán con soles na Guía Repsol 2013

Vinte e tres restaurantes galegos contarán con soles na Guía Repsol 2013

Galicia conta con 23 restaurantes con soles na Guía Repsol 2013 que se presentou hoxe en Madrid. O número total de soles concedidos aos restaurantes galegos é de 28, xa que cinco establecemento teñen dous.

Na nova edición da guía Galicia pasa de 22 a 28 soles e de 18 a 23 restaurantes incluídos na lista. Cabe salientar que Culler de Pau se suma ao grupo de restaurantes con dous soles pouco despois de recibir a súa primeira estrela Michelín.

A provincia con máis establecementos e soles é a de Pontevedra, con once restaurantes na lista, tres de eles con dúas distincións.

A lista completa é a seguinte:

A Coruña

Casa Marcelo (Santiago de Compostela) 2 soles

Ana (Santiago de Compostela) 1 sol

Acio (Santiago de Compostela) 1 sol

Dos Reis (Santiago de Compostela) 1 sol

El Refugio (Oleiros) 1 sol

Fogón Retiro da Costiña (Santa Comba) 1 sol

As Garzas (Malpica de Bergantiños) 1 sol

Pablo Gallego (A Coruña) 1 sol

Lugo

Nito (Viveiro) 1 sol

España (Lugo) 1 sol

Ourense

Galileo (Santa Baia) 2 soles

A Rexidora (Bentraces) 1 sol

Pontevedra

Pepe Vieira – Camiño da Serpe (Poio) 2 soles

Solla (Poio) 2 soles

Culler de Pau (O Grove) 2 soles

Casa Alfredo (Mos) 1 sol

Casa Bóveda (Carril) 1 sol

D’Berto (O Grove) 1 sol

Yayo Daporta (Cambados) 1 sol

La Oca (Vigo) 1 sol

Maruja Limón (Vigo) 1 sol

La Taberna de Rotilio (Sanxexo) 1 sol

Laurel (Vilaboa) 1 sol

Comparte...