AGuía dos Vinos e Auguardentes de Galicia presentase o próximo 7 de decembro en Monterrei

AGuía dos Vinos e Auguardentes de Galicia presentase o próximo 7 de decembro en Monterrei

A Guía dos Viños, Augardentes e Adegas de Galicia 2013 presentarase o próximo sete de decembro nun acto que terá lugar no salón principal do castelo de Monterrei (Verín, Ourense), comarca pola que a viticultura entrou en Galicia no século primeiro antes de Cristo.

Posteriormente haberá unha presentación no Corte Inglés da Coruña o 11 de decembro e despois a editora da guía prevé realizar presentacións noutras cidades e vilas galegas.

A guía de 2013 publicase por un sistema de mecenado, xa que o compromiso de varios centos de mecenas que reservaron por adiantado os seus exemplares fixo posible que a única guía de viños elaborada en Galicia vexa a luz un ano máis. En calquera caso, os interesados que non reservasen os seus exemplares poderán adquirir a guía nas librerías de El Corte Inglés en Galicia ou directamente en Servino.

Comparte...