Guillermo González, campeón de Galicia de baristas

Guillermo González, campeón de Galicia de baristas

O barista Guillermo González Gómez, do Café & Cócktail Bar Moon93 do Carballiño, formado na Escola Cafento, alzouse co título de Campión Barista de Galicia no campionato celebrado no IES de Foz. Guillermo González representará a Galicia na Final Nacional de Baristas de 2013, que se celebrará en San Sebastián Gastronomika, en outubro.

O segundo posto correpondeu a Raquel San José Díez, de Burela, e o terceiro a Luís López Guerreiro, de Viveiro, ambos formados na Escola de Hostalaría do IES de Foz.

Guillermo González tamén conseguiu o recoñecemento ao Mellor Latte Art, mentres que Damián Seijas, de Chantada, obtivo o premio ao Mellor Espresso e José Dieste Navazas, de Vilagarcía de Arousa, o correspondente á  Mellor Bebida de Especialidade.

Comparte...