Gustavo Rey, mellor tirador de cervexa de Galicia

Gustavo Rey, mellor tirador de cervexa de Galicia

Gustavo Rey da Cervexería Encontro de Ribadumia impúxose entre 40 participantes de toda a comunidade no Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa de Estrella Galicia que se celebrou onte no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Os aspirantes tiveron que demostrar a súa destreza tirando canas, servindo cervexa de botella e respondendo a preguntas de diversa índole sobre o mundo cervexeiro.

Iñaki Rivas de Taberna do Labrego en Vilalba (Lugo) resultou Subcampión do certame e Diego Otero de Cervecería Varadero de Sanxenxo, Francisco Barreiro do restaurante Tío Paco de Santa Comba e Nuria Igrexas da Bodeguilla de Silleda leváronse os tres accésit.

Os catro primeiros clasificados representarán a Galicia no Campionato Nacional que terá lugar no Salón de Gourmets de Madrid o próximo 5 de abril. Serán tanto o campión como o subcampión como os dous mellores accésit: Diego Otero de Sanxenxo e Francisco Barreiro de Santa Comba

Comparte...