Os Hermanos Torres ofrecerán un showcooking na Festa do Melindre de Melide

Os Hermanos Torres ofrecerán un showcooking na Festa do Melindre de Melide

Os Hermanos Torres, que contan con dúas estrelas Michelin, estarán este sábado en Melide na XXVII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. Os chefs, famosos polo seu programa “Torres en la Cocina”, realizarán unha demostración do seu saber facer entre fogóns en directo, mediante un showcooking que se celebrará ás 19:30 h do sábado, na Viñoteca Ribeirao.

Durante a demostración culinaria os Hermanos Torres estarán acompañados de Miguel Liboreiro do Restaurante O Tobo do Lobo, que será o anfitrión local e o cociñeiro colaborador durante o showcooking dos famosos chefs. O acceso ó evento será de carácter gratuíto ata completar aforo e os interesados deberán reservar praza unha hora antes no baixo do concello. Ó finalizar a cita os Hermanos Torres, que serán tamén pregoeiros e embaixadores da festa, realizarán unha firma de libros. O evento é sen dúbida un dos pratos fortes da Festa do Melindre, unha cita gastronómica declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2013.

Ademáis, ese mesmo día pola mañá, os Hermanos Torres realizarán un tramo do Camiño de Santiago, acudirán a un obradoiro artesanal e tamén a unha explotación gandeira. Todo para poder coñecer máis de cerca a riqueza da zona que durante ese fin de semana estará chea dos famosos melindres, amendoados e ricos.

Comparte...