HGA presenta o seu novo aceite en Alimentaria 2016

HGA presenta o seu novo aceite en Alimentaria 2016

Alimentaria 2016 está a ser un escaparate perfecto para a presentación do novo produto de HGA Adegas, o aceite Regina Viarum. Un aceite Premium que estará á venda en tendas gourmet.

A marca vinícola emblemática do grupo H.G.A., Regina Viarum, segue apostando pola Ribeira Sacra ao iniciar o proceso comercializador de aceite de Quiroga que elabora baixo “altos parámetros de calidade con olivas que proveñen só do seu propio oliveiral”.

Todo comezou fai máis de dez anos cando a adega con sede en Doade, Sober, alugou tres hectáreas de viñedos na parroquia de Montefurado para ter vides de mencía con máis de 25 anos. Como é habitual na comarca de Quiroga, entre elas hai diversas oliveiras centenarias. Neste caso máis dunha vintena, dos que se aproveitan os seus froitos para elaborar un aceite gourmet, coas variedades mansa, brava, picualy aberquina.

Na feira de alimentación máis importante de España, o grupo adegueiro galego presenta ademais tres adegas, Altos de Torona da D.O. Rías Baixas Subzona O Rosal coa súa nova imaxe, Pazo de Villarei da D.O. Rías Baixas subzona Salnés e Regina Viarum da D.O. Ribeira Sacra Subzona Amandi, ademais das súas marcas de espirituosos Number 0 e Platú.

Comparte...