Hijos de Rivera segue crecendo e mira cara ao mercado asiático

Hijos de Rivera segue crecendo e mira cara ao mercado asiático

O balance presentado a pasada semana por Hijos de Rivera e correspondente ao exercicio de 2017, reflicte que a compañía seguiu co seu crecemento, aumentando un 14% respecto ao ano 2016. Un crecemento moi alto para a empresa, que se atopa a piques de dar o salto internacional coa súa primeira fábrica fóra de territorio galego, concretamente en Brasil. O proxecto brasileiro, que está aínda en construción concluirá a finais de 2019, cando se espera que entre en funcionamento a nova instalación.

Estrella Galicia segue mellorando as súas cifras tanto en Galicia como no resto de España. Aínda que é certo que o seu principal mercado segue sendo o galego, Hijos de Rivera ten en mente a expansión cervexeira, concretamente cara ao mercado asiático, polo seu enorme potencial.

A facturación da compañía en 2017 situouse ao redor dos 465 millóns de euros, superando as cifras do ano 2016. Agora, para a empresa, que ten xa máis dun milleiro de empregados, os retos pasan por superar a barreira dos 500 millóns de euros e conseguir chegar aos mercados internacionais.

Comparte...