Homenaxe da D.O. Ribeiro a Carlos Casares e Otero Pedrayo

Homenaxe da D.O. Ribeiro a Carlos Casares e Otero Pedrayo

O pasado sábado, 21 de outubro, comezou en Barcelona a segunda edición das Xornadas de Cultura do Viño e Literarura cunha homenaxe á D.O. Ribeiro, Carlos Casares e Otero Pedrayo.

Estas xornadas están promovidas polo Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeiro e coordinadas por Xavier Castro, e teñen como obxetivo homenaxear a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos relacionados coa comarca do Ribeiro. Para iso Terán lugar diversas conferencias, mesas redondas… con recoñecidos especialistas da cultura e a historia do viño e a literatura, en ciudades como Vigo, Santiago de Compostela, Ourense e Madrid.

Aproveitando este primer evento das xornadas, o domingo 22 reuníronse na praza dedicada a Ramón Otero Pedrayo; Cristina Alcalá (xerente do C.R.D.O. Ribeiro), Xavier Castro (coordinador das xornadas), membros das directivas de Saudade e Cova da Serpe, Basilio Losada (catedrático, tradutor e crítico literario) e un grupo de galegos residentes en Barcelona; para realizar unha homenaxe á D.O. Ribeiro, Otero Pedrayo (patriarca da cultura galega) e Otero Pedrayo, do que se escoitou un fragmento dun discurso seu sobre a paisaxe galega.

Comparte...