HOSTELERÍA COMPOSTELA ORGANIZOU CURSOS DE BAR E CAFETERÍA DIRIXIDOS A DESEMPREGADOS

HOSTELERÍA COMPOSTELA ORGANIZOU CURSOS DE BAR E CAFETERÍA DIRIXIDOS A DESEMPREGADOS

Hostelaría Compostela organizou 2 cursos de 50 horas de Servizos Básicos de Bar e Cafetaría dirixidos a desempregados, que tiveron lugar no seu Centro de Formación e Cultura Gastronómica.

Os 30 alumnos dividíanse en dous grupos de 15, o primeiro na quenda da mañá formado por desempregados en xeral e o segundo por mozos de entre 18 e 25 anos en quenda de tarde.

Os cursos dunha duración total de 50 horas están enmarcados no convenio de colaboración entre o concello de Santiago e Hostelería Compostela, dentro do Pacto Local polo Emprego.

Os cursos dunha duración total de 50 horas enmárcanse no convenio de colaboración entre as institucións, dentro do Pacto Local polo Emprego. Este convenio mostra o compromiso do colectivo empresarial coa formación e coa inserción laboral dos desempregados e dos máis novos.

A asociación destaca a importancia do sector hostaleiro como xerador de emprego nunha cidade que o ten coma principal motor económico. A pesar do contexto de crise económica e da caída da demanda e do turismo nacional, os empresarios seguen demandando profesionais ben formados e cualificados.

Comparte...