Hostelería Compostela organiza o III Campus de Cociña Infantil ‘CompH!ostelería’

Hostelería Compostela organiza o III Campus de Cociña Infantil ‘CompH!ostelería’

A Asociación Hostelería Compostela organiza o III Campus de Cociña Infantil CompH!ostelería

Esta iniciativa terá lugar desde o próximo 27 de xuño ata o 22 de xullo, e está dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos.

O obxectivo deste Campus de Cociña Infantil é “fomentar entre os nenos participantes a cultura gastronómica e crear unha conciencia de alimentación sa e saudable”, afondando en todos os elementos que teñen que ver coa alimentación: materias primas, o proceso de elaboración na cociña, a limpeza e a preparación dos alimentos e “a importancia dos sentidos para apreciar os matices e a riqueza da nosa cultura gastronómica”.

Á parte, ao longo do campus tamén se desenvolverán diversas actividades como visitas á Praza de Abastos, talleres do gusto e dos sentidos, do leite, queixo, peixes, mariscos…; manualidades gastronómicas e outras actividades importantes como “o hábito de poñer e recoller a mesa para a comida”.

O criterio de admisión de alumnos será por rigorosa orde de inscrición, dado que as prazas son limitadas. O prazo xa se atopa aberto e pódense reservar as prazas en formacion@santiagohosteleria.org ou no número de teléfono 981 58 33 66.

Comparte...