Xuntanza dos hostaleiros de Lugo e a APEHL, o vindeiro luns 27 de marzo

Xuntanza dos hostaleiros de Lugo e a APEHL, o vindeiro luns 27 de marzo

Trátase dunha cita consolidada que celebra a profesionalidade e tradición do sector hostaleiro de Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo da provincia de Lugo (APEHL) que preside Cheché Real celebra o luns 27 de marzo a súa xa tradicional xuntanza anual, no Hotel Torre de Núñez e dende as 21 horas.

Premios da hostelería de Lugo

Non faltarán os recoñecementos aos profesionais. Desta vez, o premio Embaixador Hostaleiro da Provincia concederáselle a Francisco Vázquez López do Restaurante Portomarín en Madrid.

Pola súa parte, a Rosario Abeledo Castro (Mesón Santa Marina, de O Corgo), Josefa Díaz Maseda (Restaurante Polar, de Lugo), Aurora López Herbón (Madeira, de Lugo), Manuel Pena Varela (Restaurante Cofín, de Lugo), Mª Luz Somoza Fernández (Restaurante Durán, de Escairón) e Angel Cobas Lourés e Ana Veres Fernández (Restaurante Cobas, de Lugo) entregaráselles o premio Toda unha vida nos fogóns.

Dende a organización hosteleira contan coa presenza de máis dun cento de profesionais chegados de toda a provincia.

Comparte...