A cea anual dos hostaleiros de Lugo, no Restaurante Montero de Vilalba o 7 de abril

A cea anual dos hostaleiros de Lugo, no Restaurante Montero de Vilalba o 7 de abril

Os empresarios de hostalería da provincia de Lugo teñen a súa cea anual o luns 7 de abril en Vilalba, no Restaurante Montero, un evento organizado dende a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl).

A cita comezará cun cóctel ás 21 horas e tamén servirá para entregaren os galardóns cos que a Apehl adoita homenaxear os profesionais do sector pola súa traxectoria. Este ano recibiranos os donos dos establecementos Lanzós, de Vilalba; Portochico, de Foz; e Darío e Casa Paco, de Lugo. Pola súa parte, os panadeiros da provincia serán investidos Embaixadores Hostaleiros 2014 polo seu bo facer e pola fama que lle dá á gastronomía o pan que elaboran. Así mesmo, concederáselles a Medalla de Ouro da Apehl a Jesús Lence, do Grupo Leite Río, e a Eduardo Valín, de Transportes Valín, polo seu apoio á difusión da marca …E para comer, Lugo.

Dende a organización contan con que asistan máis dun cento de hostaleiros procedentes de distintos puntos da provincia e distintas autoridades.

 

Comparte...