O ovo a baixa temperatura de Granja Campomayor, premio “Galicia Alimentación” ao produto “innovador do ano”

O ovo a baixa temperatura de Granja Campomayor, premio “Galicia Alimentación” ao produto “innovador do ano”

O ovo a baixa temperatura de Granja Campomayor segue colleitando éxitos. Despois do premio “Innovación” recibido o pasado mes de abril no Salón de Gourmets, de Madrid, que o destacou de entre 1.300 produtos chegados de todo o mundo, chégalle agora o premio “Galicia Alimentación” na categoría de “Produto Innovador do Ano” que entrega o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA).

A entrega de premios celebrouse no marco do II Foro Alimentación de Galicia. A encargada de recoller o premio foi a directora xeral da empresa, María Caridad García Busto, quen agradeceu o recoñecemento e afirmou que é “toda unha honra recibilo, sobre todo ao ver o gran potencial das outras empresas e produtos participantes”. Para a responsable de Granja Campomayor, “este premio axudará a que o produto que lanzaremos de forma inminente ao mercado saia xa amparado por unha grande organización coma o CLUSAGA”. María Caridad García, quixo agradecer ao Clúster este premio: “Para nós é o recoñecemento a un intenso ano de traballo no noso recentemente inaugurado departamento de I+D+i que ve recompensado o seu esforzo con este premio ao ovo cociñado a baixa temperatura”, sinalou.

O ovo a baixa temperatura de Granja Campomayor obtivo este premio por ser un produto innovador; ademais, contén un alto valor nutritivo xa que conserva as propiedades orixinais do ovo sen adictivos. Durante a entrega,  a directora xeral da empresa, quixo tamén destacar que o galardón é un recoñecemento a todos os anos de adicación e á atención a cada pequeno detalle que caracteriza a Granja Campomayor”. “Ofrecemos un produto de calidade inimitable, estando sempre pendentes do benestar animal e respectando o medio ambiente. Para Granja Campomayor que os nosos clientes confíen en nós día a día é a nosa maior recompensa”, finalizou.

Comparte...