Iago Castrillón, finalista no Campionato Internacional Joselito á Mellor Croqueta de Xamón do Mundo

Iago Castrillón, finalista no Campionato Internacional Joselito á Mellor Croqueta de Xamón do Mundo

No marco da celebración de Madrid Fusión, Joselito celebra a final da segunda edición do seu Campionato Internacional Joselito á Mejuor Croqueta de Xamón do Mundo, un concurso que estivo aberto a todo tipo de participantes que presentaron a súa proposta de receita para alzarse con este premio. Deles seis foron os finalistas seleccionados, entre os que temos un representante galego, Iago Castrillón, chef nas Dúas Estacións de Valencia. Acompañaranlle na final, Bruno M. Lombán – Quince Nudos – Ribadesella (Asturias); Maria del Mar Gancedo – Umma – Santander; Sergio Martínez – Keki Tapería – Murcia; José Luis Estevan – La Bien Aparecida – Madrid y Jesús Segura – La Barra de Trivio – Cuenca.

O xurado, formado por grandes figuras da gastronomía e do xornalismo gastronómico proclamarán un gañador único o mércores 27 de Xaneiro de 2016, un gañador que recibirá o título de campéon xunto cun exclusivo Xamón Joselito Vintage. O premio inclúe tamén unha viaxe para 2 persoas para descubrir a “montanera”. O ano pasado o gañador foi David Fernández, do Regueiro, en Asturias.

Comparte...