Javier Olleros (Culler de Pau), junto al mar en O Grove

O IGAFA acolle unha xornada sobre as algas na que participa o chef Javier Olleros

Foto: Sole Felloza

O Instituto  Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) realizará durante a mañá de hoxe unha xornada sobre a importancia das algas en diferentes sectores, titulada “As algas e os seus usos”. Esta iniciativa está dirixida aos profesores e alumnos do IGAFA así como ao sector marisqueiro e empresarial, e pretende servir para divulgar a importancia das macroalgas en diferentes sectores.

O chef Javier Oleros, do restaurante Culler de Pau de O Grove e recentemente seleccionado por  OAD como un dos 200 mellores de Europa, ofrecerá unha charla sobre os usos das algas na gastronomía. Ademais, xunto a Jorge Sánchez ( CIFP Carlos Oroza) e  Eulogio Rosales (IES Montecelo de Pontevedra) presentará o proxecto “O papel de algas aplicado na cociña”, que trata precisamente da importancia culinaria das algas.

Ademais, a xornada contará con dúas mesas redondas, a primeira sobre a extracción e transformación das algas como alimento e a segunda sobre a experiencia de diferentes empresas no seu uso industrial. Completa o programa unha charla sobre a bioloxía desta especie mariña, impartida polo profesor da UDC Javier Cremades. Para clausurar a xornada presentarase a guía “ Microalgas dás costas de Galicia. A colección  do IGAFA”, que recolle fotografías de 79 especies de algas.

Comparte...