II edición do Atlante Wine Forum

II edición do Atlante Wine Forum

O luns 18 de abril na Sede Afundación de Vigo terá lugar a segunda edición do Atlante Wine Forum. Trátase dunha xornada de encontro e formación na cal viticultores, adegueiros, enólogos, catadores, barmen, distribuidores e empresarios do enoturismo daranse cita para debater e estudar conxuntamente sobre os retos e posibilidades do mundo do viño.

O evento está dirixido ao sector vitivinícola do noroeste de España e norte de Portugal e reunirá a expertos recoñecidos internacionalmente e a catadores de nivel como Sarah Jane Evans, presidenta do Instituto Master of Wine ; Sarah Ahmed, líder de opinión internacional de The Wine Detective; Beatriz Machado, Wine Director de The Yeatman Hotel do Porto e mestra en viticultura e enoloxía pola Universidade de California; Ferrán Centelles, xefe de catadores do Bulli desde o ano 2000, profesor na Escola de Catadoras de Barcelona e cofundador de Wineissocial; Roger Viusá, segundo mellor catador do mundo en 2008 e mellor catador de Europa o mesmo ano; Beatriz Vergara, directora de Enoturismo de González Byass;  César Ruiz, enólogo e catador; Hugo Soares, Technical Manager en Tradecorp España;  ou o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.

Os interesados poden inscribirse na seguinte dirección: www.institutogalegodovino.com

Os suscritores de BenBo entrarán nun sorteo de dúas entradas para o evento. Os gañadores coñeceranse o vindeiro mércores.

Comparte...