Incitus entrega el premio al mejor proyecto hostelero del año

Incitus entrega el premio al mejor proyecto hostelero del año

Os chefs Diego Guerrero e Pepe Solla serán os encargados de entregar o galardón o vindeiro luns 19 de febreiro na Finca Montesqueiro de Oleiros

A terceira edición de Incitus chega a seu fin coa celebración da súa gala final, na que os tres finalistas disputarán o III Premio Incitus ao mellor proxecto hosteleiro do ano.

Os encargados de facer entrega do galardón son os reputados chefs Diego Guerrero e Pepe Solla, nunha cita que tenrá lugar o vindeiro luns 19 de febreiro a partir das 19.30 h na Finca Montesqueiro de Oleiros.

Tralo proceso de mentorización no que participaron os finalistas durante tres meses, elexirase o gañador final, que poderá disfrutar dunha serie de servicios de apoio na apertura de seu negocio.

Incitus 

Incitus é unha iniciativa privada e sen ánimo de lucro, creada por varias empresas que apostan pola profesionalización e a dinamización do sector da hostelería en Galicia.

Os Premios Incitus apoian proxectos con sede en Galicia que basan seu negocio na innovación, a creatividade e o emprendemento, unido a unha imaxe de marca sólida e un punto de venta con personalidade propia e diferenciada.

Na súa tercera edición, Incitus ten de novo como patrocinadores a Estrella Galicia, Cash Record, Cafés Candelas e Caixabank.

Ademais, conta tamén coa colaboración de empresarios e profesionais do sector hosteleiro que participan no desenvolvemento dos proxectos, xa sean estes de nova implantación ou de reorientación de negocios existentes.

Os tres proxectos finalistas 

Nana PanchaRamen Bar Fuji e Sweet Bite son os nomes escollidos polos finalistas de esta tercera edición de Incitus.

Nana Pancha, é unha cantina mexicana de A Coruña, onde a tradición mestúrase coa pasión pola comida e se disfruta en forma de taco.

Ramen Bar Fuji, é un restaurante temático de comida rápida xaponesa ubicado en Vigo, no que se disfrutarán as orixinales recetas niponas con base aos famosos fideos ramen.

Sweet Bite, é un restaurante especializado en postres, cocina dulce e sobremesa, centrado na elaboración propia de repostería artesana, saudable e innovadora.

O gañador da primeira edición, foi Gonzalo Somoza de Koh Lanta en A Coruña. E o gañador da segunda edición Pracer, taberna canalla de Moncho Bargo, tamén en A Coruña.

Un xurado profesional 

O xurado da terceira edición de Incitus, estará formado por profesionais como Pepe Solla e Diego Guerrero.

Eles serán os encargados, entre outros, de elexir o mellor proxecto hosteleiro entre os tres finalistas. O premio consiste na concesión de numerosos servicios de xeito gratuíto para que o gañador poda comezar a súa aventura empresarial da maneira máis rápida e menos costosa.

Ademais, unha decena de empresas especializadas en hostelería (marketing, comunicación, interiorismo, publicidad, ventas, etc.) traballarán no proxecto elexido para facilitar a súa apertura.

Comparte...