Incitus

Incitus, un programa de apoio a emprendedores

Apoiar e promover empresas de hostalaría innovadoras, creadoras e sólidas é o obxectivo do movemento Incitus, que ao longo do mes de marzo e a primeira quicena de abril recibirá as candidaturas daqueles emprendedores interesados para, a continuación, seleccionar aos sete candidatos que ao longo dos meses de maio, xuño e xullo recibirán a axuda de profesionais do sector para dar forma ao seu plan de empresa. Finalmente, en outubro coñecerase o gañador dun premio consistente en servizos gratuítos das empresas e colaboradores do programa.

Pode participar todo proxecto ou idea empresarial que teña relación co sector da hostalaría e que pretenda implantarse, ou xa se atope implantado, nun local comercial físico dentro do territorio galego. Os proxectos online sen local físico asociado quedan excluídos.

Os interesados poden presentar xa as súas candidaturas a través da web de Incitus.

Comparte...