Nova Indicación Xeográfica para a vaca e o boi de Galicia

Nova Indicación Xeográfica para a vaca e o boi de Galicia

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a solicitude de inscrición no rexistro comunitario da Indicación Xeográfica Protexida Vaca (IXP) e Boi de Galicia.

A posta en marcha desta nova IXP é unha iniciativa promovida por Ternera Gallega, co obxectivo de preservar e poñer en valor a carne fresca procedente das vacas e bois da comunidade galega. Este produto obtense das principais razas existentes, que son a Rubia Galega, Morena Galega, Asturiana de los Valles, Limusina, Rubia de Aquitania e Frisona.

Para cumprir coa Indicación Xeográfica Protexida a carne deberá presentarse refrixerada, sen que poida ser conxelada en ningún momento ao longo do proceso de obtención e comercialización. A vaca caracterízase por ser unha femia con alomenos unha xestación antes do sacrificio. O boi debe ser un macho castrado antes do ano de vida e que supere os 48 meses de idade antes do sacrificio.

Esta IXP abarcará a totalidade do territorio galego. Os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia, co obxectivo de preservar a especificidade e controlar as condicións de obtención do produto. Cada fase constará dun etiquetado concreto.

Consello regulador único

Establecerase un consello regulador único segundo os acordos para a indicación xeográfica protexida da tenreira galega e da carne de vaca e boi, co fin de manter unha relación entre estas dúas Indicacións Xeográficas Protexidas.

Comparte...