A industria agroalimentaria recibe máis de 49 millóns nos últimos dous anos da Xunta

A industria agroalimentaria recibe máis de 49 millóns nos últimos dous anos da Xunta

Segundo a Consellería do Medio Rural, a actividade agroindustrial está vivir un despegue, que se traduce na creación de novas empresas, na ampliación e a modernización das existentes e na xeración de novos empregos

Ao longo dos anos 2016 e 2017 a Consellería do Medio Rural achegou máis de 49 millóns de euros en axudas á industria agroalimentaria galega, que mobilizaron un investimento superior aos 136 millóns de euros a través de 204 proxectos.

Con estes fondos finánciase, con carácter xeral, a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, a adquisición de maquinaria e equipamentos novos, de programas informáticos, de patentes ou licenzas e os honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade.

Segundo a Consellería, con este tipo de axudas o que se pretende é favorecer o peche do ciclo produtivo das materias primas agroalimentarias de orixe galega, xerar emprego, fomentar a elaboración de produtos de maior valor engadido, propiciar a creación de relacións contractuais estables entre os produtores e a agroindustria e impulsar a internacionalización destas empresas.

O sector leiteiro

 Neste contexto, a Consellería salienta  tamén a “estabilidade” que, segundo Ánxeles Vázquez, se vive no sector leiteiro, fundamentada “nos bos resultados de indicadores como os prezos ou a produción”.

Lembra así, que “Galicia segue sendo a comunidade líder dentro de España en incremento dos prezos nos dous últimos anos” e amosou a súa “disposición a continuar traballando”, da man do sector, para consolidar esta evolución positiva.

Comparte...