O INGAVI inicia en Nova York un curso sobre viños e uvas galegas e españolas

O INGAVI inicia en Nova York un curso sobre viños e uvas galegas e españolas

O director e o CEO do Instituto Galego do Viño (INGAVI), Xoán Cannas e Jorge Vila, serán os encargados de impartir un curso en Nova York sobre viños e variedades españolas e galegas, que se celebrará en colaboración con La Nacional, o centro cultural máis antigo da cidade, centrado na expresión e promoción da cultura do noso país en todas as súas manifestacións.

A formación está dirixida tanto para profesionais que buscan ampliar o seu coñecemento, como para amateurs. Os alumnos catarán 35 viños representativos de cada rexión, difíciles de atopar en EE.UU.

Máis información: institutogalegodovino.com

Comparte...