I Encontro de Innovación e Marketing Gastronómico, en Madrid en outubro

I Encontro de Innovación e Marketing Gastronómico, en Madrid en outubro

Expertos en Marketing Gastronómico explicarán casos de éxito

A Escuela de Hostelería Online de Marketing Gastronómico organiza o I Encontro de Innovación e Marketing Gastronómico. A cita será en Madrid, no Ayre Gran Hotel Colón, o 6 de outubro.

Nesta cita formativa coñeceranse distintas estratexias en innovación e mercadotecnia, casos e receitas de éxito explicados por expertos e impulsores. Empresarios, emprendedores ou estudantes son o público deste encontro que está limitado a un máximo de 90 persoas.

A xornada terá un total de 17 charlas de 30 minutos de duración repartidas ao longo do día, ademais de actividades para fomentar a interacción entre os distintos asistentes, para favorecen os contactos profesionais.

Entre os relatores para esta xornada de marketing gastronómico están: Alejandra FeldmanOliver PeñaJaume Marín, Begoña Rodrigo, Erika SilvaKim OssenblokBenet Boix, Diego Pons, Enrique AlcocerLuis NoéFco Javier PajaresDani Sánchez, Lorena Parra Helena Vaello:

O broche á xornada será un menú degustación preparado por Begoña Rodrigo, gañadora do concurso televisivo Top Chef España.

Existen dúas modalidades de entradas. Unha que con 89 euros dá acceso ás charlas, café de traballo, comida buffet e actividades de networking; e outra que, por 139 euros, tamén inclúe acceso a cea degustación.

Erika Silva Aguilera, responsable da Escuela de Hostelería Online de Marketing Gastronómico, é colaboradora de Benbo dende o primeiro número da revista.

formacion-marketing-gastronomico-madrid-top-chef

Comparte...