O Instituto Galego do Viño inaugurou o seu novo curso

O Instituto Galego do Viño inaugurou o seu novo curso

O curso de sumiller profesional iniciouse coa presenza de Paco Berciano

O Instituto Galego do Viño comezou a terceira edición do seu curso superior de sumiller profesional, correspondente ao curso académico 2015-16, na Cidade da Cultura de Galicia.

Un total de 25 alumnos foron escollidos para este curso que contou no seu acto inagural con Paco Berciano; ou o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro; entre outras autoridades.

Trátase dun máster de 700 horas -teóricas e prácticas- de duración que serán impartidas por recoñecidos expertos como Ferrán Centelles, José Luís Mateo, César Cánovas, Juancho Asenjo, Michael Wöhr, César Ruíz ou Xoán Cannas.

Os mellores alumnos do segundo curso foron Elísabet Castro Vázquez, do restaurante Mesón Docampo (Vilalba) e Marcos Docasal Pereira, da distribuidora Vía XVIII (Lugo), recibiron no acto inaugural o seu galardón acreditativo.

Comparte...