Acuerdo entre o Instituto Galego do Viño e o IFFE Business School

Acuerdo entre o Instituto Galego do Viño e o IFFE Business School

O Instituto Galego do Viño INGAVI segue a establecer lazos con distintos colectivos e entidades. Nesta ocasión asinou un acordo de colaboración co IFFE Business School, que rexe o denominado Campus IFFE Galicia, en Oleiros.

Ambas entidades promoverán actividades formativas en común referidas ao “mundo do viño e do desenvolvemento empresarial do sector vinícola e hostaleiro en Galicia”.

O acordo foi rubricado polo presidente do IFFE Business School, David Carro e máis polo director do Instituto Galego do Viño INGAVI, Xoán Cannas.

Comparte...