O Instituto Galego do Viño INGAVI presenta un Diploma en Xestión de Restaurantes e Viñotecas

O Instituto Galego do Viño INGAVI presenta un Diploma en Xestión de Restaurantes e Viñotecas

O  Instituto Galego do Viño propón para o novo curso lectivo un Diploma en Xestión de Restaurantes e Viñoteca organizado polo propio INGAVI

O curso comezará o 7 de novembro, desenvolverase na Cidade da Cultura en Santiago, e contará cun total de 250 horas (140 horas lectivas de contidos teóricos, 10 horas prácticas de visitas formativas e 100 horas adicadas á elaboración do plan de empresa).  As clases serán os luns, en sesións de 10 horas, de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.

Dende a organización apuntan que este diploma contará con docentes con experiencia na xestión. En palabras de Xoán Cannas:  “Trátase de axudar aos empresarios do sector para vender máis e ser máis rendibles, ademais de guiar aos emprendedores no desenvolvemento dunha idea de negocio sustentable”.

Máis información no propio portal do Instituto Galego do Viño.

Comparte...