IV edición do Concurso de Sumilleres de Galicia, Ganímedes

IV edición do Concurso de Sumilleres de Galicia, Ganímedes

Os dous gañadores competirán no certame “Custodio Zamarra”, que elixe o mellor sumiller de España.

O próximo 15 de decembro celebrarase no Hotel Finisterre da Coruña a cuarta edición do Ganímedes, o concurso de Sumilleres de Galicia. Organizado por Gallaecia, contará cun prestixioso xurado formado polos profesionais que estiveron á cabeza desta organización (Luis Moya, Eduardo Pardo, Xurxo Rivas e Mercedes González) ademais de Custodio López Zamarra, o máis emblemático dos sumilleres españois, sumiller xefe do mítico restaurante madrileño Zalacaín e presidente emérito da Asociación Madrileña de Sumilleres; Javier Gila, presidente da Asociación Madrileña de Sumilleres; Manuel Moreira, sumiller e crítico de viños, catador do “International Taste & Quality Institute”, gañador en dúas ocasións do “Concurso Nacional de Escanções” e o “Trophée Ruinart”, e “Escanção do Ano 2005” pola Academia Internacional de Gastronomía. Tamén integrante do panel de catadores da revista “WINE – A Essência do Vinho”; Francisco Cano e Mª Luisa Martín, presidente e vicepresidente de FASCV, Federación de Asociacións de Sumilleres da Comunidade Valenciana.

Xa está aberto o prazo de inscrición e todos os interesados que cumpran co requisito de ter a súa base de traballo en Galicia poden rexistrarse escribindo ó email info@sumilleres.com.

Comparte...