Iván Domínguez apadriña a última promoción da Escola Le Cordon Bleu Madrid

Iván Domínguez apadriña a última promoción da Escola Le Cordon Bleu Madrid

O director gastronómico do Grupo Alborada, Iván Domínguez, foi elixido para apadriñar a última promoción da escola de cociña Le Cordon Blue Madrid, como modelo e guía a seguir para estes futuros chefs da última promoción de alumnos dos programas de Cociña, Pastelaría e Cociña Española. A sustentabilidade e a innovación da cociña atlántica que representa Iván Domínguez foron dúas dos elementos que Lle Cordon Blue destacou da traxectoria do cociñeiro galego para elixilo como padriño desta nova xeración de cociñeiros.

Así, os 70 estudantes que terminaron os seus estudos, incluídos o seis que obteñen o título Grand Diplôme por cursar simultaneamente as disciplinas de Cociña e Pastelaría, escoitarán os consellos de Iván Domínguez, elixido como Mellor Cociñeiro Galego do Arco Atlántico.

“En todas as décadas houbo grandes cociñeiros. Non se se mellores ou peores que os de agora. Pero o que si hai actualmente é xente nova moi formada que está a empuxar forte e que teñen a sorte de contar actualmente con produtores que nos regalan a mellor materia prima e cun público cada vez máis interesado na cociña”, asegura o director gastronómico do Grupo Alborada, para cuxo restaurante na Coruña revalidou a súa estrela Michelín para 2015.

Comparte...