Quenda para Iván Domínguez nos Showcooking de Códax

Quenda para Iván Domínguez nos Showcooking de Códax

A segunda xornada dos Showcookings de Códax celébrase este domingo, 15 de novembro, co protagonismo a cargo de Iván Domínguez, do restaurante Alborada, que toma a testemuña de Xoán Crujeiras, encargado de ofrecer o primeiro showcooking desta tempada na adega Martín Códax.

Cinco serán as elaboracións que presentará o chef cunha Estrela Michelin, nas que defenderá a súa cociña atlántica e o produto galego. Ostra con papada e puré de limón asado en pan de cebada; vieira ao sal; xurelo con salsa de verzas picantes; paspallás “lavelrouge” asada en carcasa polenta cremosa de mini millo e marmelo con queixo fresco.

As súas creacións servirán para acompañar ao albariño insignia da adega, Martín Códax, e ás elaboracións especiais Martín Códax Leas, Organistrum, Martín Códax Vindel e Martín Códax Gallaecia.

II Edición Os Showcooking de Codax

O ciclo de showcookings, que o ano pasado contou coa participación de Pepe Solla, Javier Oleiros e Yayo Daporta, pecharase o domingo 22 de novembro coa participación de Yayo Daporta, único cociñeiro que repite na iniciativa. Unha experiencia que comeza cunha visita guiada á adega e finaliza cunha cata maridaxe de 5 viños seleccionados especificamente para as elaboracións deseñadas e elaboradas en directo por cociñeiros galegos.

Comparte...