Joaquín Sánchez, novo presidente da Ruta do Viño de Valdeorras

Joaquín Sánchez, novo presidente da Ruta do Viño de Valdeorras

Joaquín Sánchez é responsable da Adega Alan de Val

A Ruta do Viño de Valdeorras conta cunha nova xunta directiva. Trala última reunión da súa xunta directiva decidiu escoller a Joaquín Sánchez, da Adega Alan de Val, coma o seu novo presidente; e á hostaleira Montserrat Rodríguez, do Hotel Pazo do Castro, coma vicepresidenta.

O resto da directiva queda composta pola secretaría que ocupará Araceli Fernández, da adega Godeval; e o tesoureiro será Albán Macía, da Casa Rural Pacio do Sil. Os representantes dos concellos de O Barco, A Rúa e o do Consello Regulador ocuparán os postos de vogais.

A Ruta do Viño de Valdeorras apunta que entre as metas desta nova xunta directiva están a reactivación da acción enoturística na bisbarra valdeorresa e máis aumentar o seu número de asociados.

Comparte...