Xornadas Gastroaccesibles de Lugo, gastronomía para todos

Xornadas Gastroaccesibles de Lugo, gastronomía para todos

Gastronomía e concienciación danse a man nas  Xornadas Gastroaccesibles de Lugo , un programa organizado pola Asociación de Empresarios de Lugo APEHL no que dez locais de restauración ofrecerán os seus petiscos, tapas, racións, pratos ou menús elaborados tendo en conta as intolerancias alimentarias de consumidores celíacos e con enfermidades renais, esclerose múltiple, diabetes ou lupus. Celébrase do 28 de novembro ao 8 de decembro.

Os dez establecementos participantes nestas xornadas gastroaccesibles de Lugo son: Abrente, Antas, España, La Iguana, Los Soportales, Minuetto, O Cantiño, O Figón, O Lar de Adrián e Pizzería Piccolo.

O programa conta coa colaboración da Asociación de Loita contra as Enfermidades Renais (Alcer Lugo), a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (Alucem), a Asociación de Diabéticos Lucenses (ADIL), a Asociación de Celíacos de Galicia, a Asociación Galega de Lupus e a Asociación para a Promoción Social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física (Auxilia Lugo).

Na presentación destacouse que, seguramente, trátase dunha iniciativa innovadora neste campo. Ademais, o programa inclúe a celebración o día 3 dunha charla divulgadora sobre gastroaccesibilidade.

Xornadas Gastronómicas de Lugo 2013

Comparte...