Xornadas gastronómicas para celebrar o 20 aniversario do Oca Puerta del Camino

Xornadas gastronómicas para celebrar o 20 aniversario do Oca Puerta del Camino

O compostelán Oca Puerta del Camino inaugurou hoxe o seu vixésimo aniversario. Desde xullo de 1.999 ata a actualidade, vinte anos de traballo que planean celebrar ao grande cun completo programa de actividades que inclúen tres xornadas gastronómicas, pensadas para abrir as portas do hotel a todo o público.

Os espazos de restauración de establecemento acollerán varios eventos centrados na cociña, comezando por unha dedicada á comida vexetariana, que completará cunha charla a nutricionista Marisol Filgueiras. Os pratos esquecidos da nosa gastronomía e as receitas máis famosas de países onde hai unha comunidade galega importante, serán as outras dúas citas marcadas no calendario do cronograma do que queda de 2.019.

O aniversario tamén reunirá no Oca Puerta del Camino de Santiago exposicións, relatorios, actividades no xardín do hotel e unha gran gala con “amigos, prensa, colaboradores e por suposto o noso equipo, que é o que fixo que cheguemos ata aquí”, remarcaba Lalo Crespo, director.

Comparte...