III Xornadas Gastronómicas do porco ibérico nos restaurantes de El Corte Inglés

III Xornadas Gastronómicas do porco ibérico nos restaurantes de El Corte Inglés

Todos os restaurantes de El Corte Inglés disporán, do 20 a0 30 de abril, dunha gran variedade de pratos nos que o porco ibérico é o principal protagonista. Por terceira vez  celébranse as Xornadas Gastronómicas do ibérico, unha cita imprescindible para todos aqueles amantes da boa cociña. Con esta iniciativa gastronómica, El Corte Inglés pretende render homenaxe a unha das variedades máis antigas da gastronomía española, o porco ibérico.

A carta contén pratos moi diversos e aptos para todos os gustos. Poderanse degustar ovos fritos con picadillo e crema de pataca, crocante de costela desosada e torta del Casar en tosta, carrilleira glaseada ao viño tinto, lagarto ibérico con herbas frescas e verduras, segreto ibérico con pataca confitada e pluma ibérica con reducción de Pedro Ximénez.

Para aqueles que decidan optar por un prato máis contundente, a carta tamén ofrecerá unha sustanciosa potaxe de alubias negras con costela ibérica e chourizo ou un exquisito arroz meloso de trigueiros con pluma ibérica.

Estas xornadas gastronómicas, que xa tiveron moi boa acollida por parte dos clientes nas súas dúas anteriores edicións, aúnan ingredentes de primeira calidade coas receitas más deliciosas elaboradas co porco ibérico como principal protagonista.

Unha boa oportunidade para realizar un saboroso percorrido polos mellores pratos elaborados con porco e que permitirá a todos aqueles que se acheguen os restaurantes de El Corte Inglés desfrutar dunhas magníficas especialidades cociñadas con ingredentes de gran calidade polos mellores chefs. Estas Xornadas Gastronómicas terán lugar en máis de 50 restaurantes do Grupo El Corte Inglés. Nos centros de Canarias, estas xornadas celebraranse do 27 de abril ao 7 de maio.

Para máis información, os interesados poden dirixirse a calquera dos centros de El Corte Inglés así como a través da súa páxina web. Non é preciso facer reserva para poder comer nos restaurantes, aínda que dependerá da demanda.

Comparte...