Trinta restaurantes da Coruña celebran as Xornadas Gastronómicas do  Lacón con Grelos

Trinta restaurantes da Coruña celebran as Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos

Durante 20 días de febreiro, do 1 ao 21 de febreiro, unha trintena de restaurantes coruñeses únense para celebrar Lacónicas, as Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, na que se ofrecen menus tradicionais e creativos con este produto gastronómico como eixo central.

Promovida por Turismo da Coruña, esta inciativa ten como obxectivo potenciar o turismo gastronómico na cidade, promocionando de forma conxunta a oferta gastronómica local. Ademais de degustación de menús, Lacónicas conta tamén cun programa de actividades entre as que se inclúe un showooking a cargo de Gorka Rodríguez, de la Pulpería de Melide y Cociñeiro do Ano 2015 por el Forum Gastronómica, e unha degustación gratuíta de máis de 600 filloas e orellas que terán lugar no mercado da Praza de Lugo o sábado 6 de febreiro, actividades que se completarán con talleres infantís e animación musical a cargo da comparsa Monte Alto a 100.

Con prezos entre os 15e os 30 euros, a maioría dos restaurantes ofrecerán menús tradicionais e só 5 deles optaron por menús creativos entre os que se atopan opcións como un Bao (pan artesán xaponés) de lacón afumado con queixo de O Cebreiro e ensalada de cacheliños fritos e grelos de Santiago. Todos os menús inclúen primeiro e segundo prato, sobremesa, bebida e café. Todos os detalles están no folleto das xornadas que se distribuíu pola cidade e a través da web turismocoruna.com.

Descarga o folleto coa programación e os locais participantes aquí.

Comparte...