VI Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño de Ribeira Sacra

VI Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño de Ribeira Sacra

A fin de semana do 27 e 28 de maio celébrase na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as VI Xornadas de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia.

Ruta do Viño da Ribeira Sacra únese unha vez máis a estas xornadas vitivinícolas impulsadas pola Axencia de Turismo de Galicia que se levan a cabo nas cinco rutas do viño de Galicia.

Con estas xornadas preténdese dar a coñecer aos asistentes as adegas que forman parte da ruta, así como poder gozar dos aloxamentos, da gastronomía así como da oferta cultural e de ocio que a complementan.

Nesta sexta edición das xornadas de portas abertas o programa especial que se ofrece é o seguinte:

  • Viñobús: 5 servizos gratuítos, de visitas a adegas con degustación, museos e outros puntos de interese. O sábado con saídas desde Ourense, Lugo e Monforte; e o domingo con saída desde Monforte e Ourense.
  • Ruta fluvial e de sendeirismo polo río Miño, o domingo 28 de maio
  • Cata de Viños: cata comentada con maridaxe, o sábado día 27 ás 19:00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos, impartida polo sumiller Bruno Lovelle.
  • Bodegas: as adegas ofrecen visitas con degustación
  • Aloxamentos: ofertas especiais
  • Restaurante: menú degustación especial

Ademais realízase un sorteo de 4 billetes para o Tren Turístico de Galicia da Ruta do Viño da Ribeira Sacra para que os interesados poidan gozar durante este verán. O sorteo realízase a través do facebook da Ruta do Viño da Ribeira Sacra entre todos os asistentes ás VI Xornadas que queiran compartir a súa experiencia subindo unha foto gozando en calquera establecimento participante nas Xornadas de Portas Abertas.

O programa completo de actividades, menús, prezos, teléfonos de contacto dos establecementos,… e os horarios e visitas do Viñobús pódense consultar na páxina web destas xornadas: http://rutadelvinoribeirasacra.org/

Comparte...