Kike Piñeiro xoga coa versatilidade do viño na WBWE de Ámsterdam

Kike Piñeiro xoga coa versatilidade do viño na WBWE de Ámsterdam

Kike Piñeiro converteuse nun dos protagonistas do décimo aniversario da  World Bulk Wine Exhibition ( WBWE), a maior feira a nivel mundial para os viños a granel, que se está celebrando estes días no RAI de Ámsterdam. O chef galego, responsable da área gourmet da exposición desde a súa creación en 2013, presenta xunto a Kevin Mariño un percorrido gastronómico para o que seleccionou as creacións gastronómicas máis representativas dos menús dos últimos anos, en base ao seu éxito e orixinalidade.

O menú está composto por anguía afumada holandesa (2013) con soda de viño de USA
(2014), ceviche á chilena con salmón (2013), vieira con maionesa de soia e viño da
DOC Pinot Grigio (2015), canelón de carne con viño macerado (2016); queixos en texturas con viño
(2017) e elixir de viño (2016).

Nesta década de vida, a feira consolidouse como escaparate internacional dos viños a granel, grazas á participación de produtores e compradores de viño a granel, adegas, destilerías, importadores, distribuidores, comerciantes polo miúdo e cadeas internacionais máis importantes do mundo, así como a unha visión global de 360º sobre o que o sector vitivinícola pode e ten que ofrecer.

Versatilidade do viño na cociña
O Gourmet Area foi un dos puntos máis creativos e aplaudidos polos visitantes desde o seu nacemento en 2013. A súa nova carta demostra a versatilidade do viño dentro da cociña e serve, ademais, como reflexo do carácter internacional do encontro a través da chiscadela ás gastronomías dos países asistentes. Os pratos seleccionados adaptáronse, ademais, con novos ingredientes.

Comparte...