Kike Piñeiro na World Olive Oil Exhibition celebrada en Madrid

Kike Piñeiro na World Olive Oil Exhibition celebrada en Madrid

Un día con AOVE ao redor do mundo, a aposta gastronómica de Kike Piñeiro na VII World Olive Oil Exhibition

Un paseo por Europa, Asia e América é a proposta que o cociñeiro, Kike Piñeiro, presentou na World Olive Oil Exhibition, a maior feira mundial do aceite de oliva que se celebrou en Madrid.

Un encontro no que se deron cita máis de 4000 profesionais do sector da compraventa do aceite de oliva procedentes de máis de 30 países, o que a convirte por dereito propio no referente mundial na comercialización do AOVE.

E nesta cita mundial, Kike Piñeiro xunto con Eloy Cancela, de A Horta do Obradoiro volveu a estar a cargo da área gastronómica por séptimo ano consecutivo.

Área Gourmet

Dende a primeira edición do WOOE, Piñeiro estivo ao frente desta Área Gourmet, nun espacio onde os asistentes á feira poden degustar a infinidade de aplicacións que ten o aceite de oliva na gastronomía, a través de diferentes técnicas, temáticas e produtos.

Nesta edición o chef galego contou coa colaboración do tamén cociñeiro galego Kevin Mariño, co obxectivo de demostrar a versatilidade do aceite de oliva virxe extra para ser incorporado ás gastronomías de outras culturas, así como seu carácter saudable.

Para isto, Piñeiro elaborou o menú EVOO day trip around the world (Un día con AOVE alrededor del mundo), unha proposta que colleitou un gran éxito entre os participantes que puideron descubrir novos usos do AOVE a través de 7 preparacións.

Ademáis do carácter internacional, Kike Piñeiro non olvidou incluir pequenos homenaxes aos produtos de terras galegas, seu particular selo inconfundible.

O menú

Estas elaboracións concebíronse baixo a premisa de que o aceite de oliva é máis que un aliño e que pode ser utilizado e integrado nas elaboracións máis famosas de outras culturas gastronómicas, onde non se adoita emplear este tipo de graxa.

Baixo este criterio Piñeiro serviu durante os dous días de feira as seguintes elaboracións:

Almorzo (USA): Tortitas de aceite

Aperitivo (Galicia, España): Aceituna gordal con xouva

Comida, 1er plato (India): Langostino con coco, curry e AOVE

Comida, 2º plato (Alemania): Salchicha especiada con pemento e AOVE

Cena (China): Atún agridulce con AOVE e fideo cruxiente

Postre (AOVE): Xeado de aceite oliva

Cóctel (Reino Unido): Copa de aceite de oliva

Todo isto, baixo a premisa dos efectos beneficiosos que ten o AOVE para a saúde, polo que pode consumirse en calquera momento do día e formato. Unha versatilidade potenciada polos diferentes matices que aportan a cada receita as diferentes variedades de aceite de oliva.

Sobre a World OliveOil Exhibition

World OliveOil Exhibition é a maior feira internacional adicada en exclusiva á comercialización de aceite de oliva.

En marcha dende 2012, é un encontro de carácter profesional dirixido fundamentalmente a cooperativas e almazaras productoras que buscan abrir novos mercados e oportunidades de exportación, así como aos principais compradores de aceite de oliva de todo o mundo.

Comparte...