A cervexa galega Jakobsland Brewers, premiada nos Iberian Awards

A cervexa galega Jakobsland Brewers, premiada nos Iberian Awards

Jakobsland Brewers, marca cervexeira artesá impulsada por tres socios desde Santiago de Compostela, resultou distinguida con tres galardóns nos premios sectoriais Iberian Awards

Na edición deste ano, que se celebrou na cidade portuguesa de Aveiro, Jakobsland Brewers gañou o premio á mellor cervexa na súa categoría, unha medalla de ouro e unha de bronce.

A empresa

Jakobsland Brewers é unha empresa dirixida por tres socios que residen en Santiago de Compostela: Henlo Matthee Swart (natural de Sudáfrica), Jeremiah Fox (orixinario dos Estados Unidos) e Francisco Vaqueiro (natural de Vigo). Lanzada a principios de 2016, a marca céntrase na elaboración de cervexa artesá de alta calidade. Buscan a súa diferenciación apostando pola orixinalidade do produto e pola influencia de produtos galegos na súa elaboración tales como a froita, o viño ou as herbas.

Sobre os Iberian Awards

Iberian Awards é unha das principais convocatorias de premios de cervexa de cantas se celebran na Península Ibérica. Ten como obxectivo promocionar a cervexa como produto e distinguir aquelas marcas que se diferencien pola innovación e a calidade na súa produción. Na edición deste ano participaron máis de 300 marcas e 42 fábricas cervexeiras distintas. As propostas foron avaliadas por un comité conformado por 15 xuíces internacionais.

Comparte...