Incitus

A comunicación na hostalaría protagoniza o 2º workshop de Incitus

Pepe Solla e Erika Silva serán os encargados de falar sobre as novas tendencias de mercadotecnia e comunicación no sector hostaleiro

O segundo workshop de Incitus, a iniciativa xurdida para dinamizar o sector hostaleiro galego, viaxa ata A Coruña, á sede da Fundación Abanca, onde o luns 29 de xuño celebrarase unha xornada de traballo dirixida ao sector hostaleiro para abordar os novos retos e innovacións que ofrece a comunicación e a mercadotecnia para este sector. O evento, que terá lugar a partir das 12.30h, contará coa presenza de Erika Silva, directora da Escola de Marketing Gastronómica e colaboradora habitual da nosa revista Benbo, e Pepe Solla, recoñecido chef galego con Estrela Michelín. A entrada é gratuíta até completar aforamento pero requírese inscrición previa a través da web de Incitus (www.incitus.es) ou no email info@incitus.es.

Erika Silva, autora do blog máis recoñecido de mercadotecnia gastronómica en fala hispana, compartirá consellos e estratexias de mercadotecnia gastronómica, innovación e xestión de restaurantes. Consellos e suxestións que tamén ofrecerá Pepe Solla, máximo expoñente da cociña en Galicia, actividade que compaxina impartindo cursos, clases maxistrais e demostracións de cociña.

Comparte...