A D.O. Ribeiro busca dar o salto a Estados Unidos

A D.O. Ribeiro busca dar o salto a Estados Unidos

Continuando coa liña marcada no Plan Estratéxico elaborado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para 2014-2016, Estados Unidos convértese no principal obxectivo comercial e de promoción da D.O. Ribeiro para este 2017.  Para isto o Consello Regulador activou un potente plan de promoción e apertura de mercados no país norteamericano no que participan un total de 13 adegas.

A acción levada a cabo durante todo o mes de xaneiro consistiu no desenvolvemento de tres misións inversas de profesionais do sector vitivinícola de distintos estados de Estados Unidos (Texas, Nova York, California, Florida ou Massachusetts). Estas visitas, orientadas a descubrir a historia, catar os viños e coñecer a comarca e as adegas participantes permitiron achegar a D.O. Ribeiro  ao sector estadounidense.

Comparte...