A D.O. Ribeiro, presente na Basque Culinary Center de San Sebastián

A D.O. Ribeiro, presente na Basque Culinary Center de San Sebastián

Consejo Regulador de la D.O. Ribeiro presentou a denominación de orixe máis antiga de Galicia os alumnos da prestixiosa escola Basque Culinary Center de San Sebastián. Ribeiro foi protagonista das Xornadas de Galicia na única escola de España que ostenta unha licenciatura oficial de gastronomía.

A xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, foi invitada a impartir dúas charlas nas instalacións do BCC. Unha delas os alumnos do grao en Gastronomía e Artes Culinarias, e outra os alumnos do Máster de Sumillería y Enomarketing nunha dobre xornada de formación sobre viños da D.O. Ribeiro. “Foi unha experiencia moi gratificante e unha gran satisfacción ser invitada por unha das escolas máis prestixiosas a nivel internacional para dar a coñecer a cultura vitivinícola do Ribeiro”, comenta Cristina Alcalá. En total, ás charlas presenciais acudiron 120 alumnos que puideron coñecer de maneira teórica e práctica a través dunha cata de viños, a singularidade dos viños D.O. Ribeiro, así como a importancia da súa viticultura, variedades autóctonas, convivencia entre distintos estilos de bodegas e a longa historia que avala á denominación de orixe coma unha das máis importantes de España.

Sobre Basque Culinary Center

O BCC naceu no ano 2009 e integra unha facultade de Ciencias Gastronómicas ubicada en Donostia – San Sebastián adscrita a Mondragon Unibertsitatea– e un Centro de Investigación e Innovación en Alimentación e Gastronomía.

Forman parte do Patronato chefs como Arzak, Subijana, Berasategui, Arguiñano ou Aduriz. Ademais, contan cun Consejo Internacional constituido polos máis influíntes cociñeiros internacionais. Está presidido por Joan Roca e entre os seus membros atópanse Ferrán Adrià, Gastón Acurio, Massimo Bottura, Michel Bras, René Redzepi, Heston Blumenthal, Alex Atala, Dan Barber ou Enrique Olvera, entre outros.

Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro, oficialmente protexida no ano 1932, é unha das máis antigas de España. Actualmente confórmana 107 bodegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense. Para a D.O. Ribeiro, que ten unha extensión de 2.646 hectáreas de viñedo, traballan uns 5.800 viticultores. A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuinos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX. A produción da colleita 2016 na Denominación de Orixe foi de  11,6 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é viño branco.

Comparte...