A edición especial do viño Sin Palabras 2010, prata no Concurso Mundial de Bruxelas

A edición especial do viño Sin Palabras 2010, prata no Concurso Mundial de Bruxelas

Adegas Castrobrey obtén outro recoñecemento, neste caso a través da 24 Edición do Concours Mondial de Bruxelles 2017, celebrada en Valladolid entre o 2 e o 5 de maio. A marca que foi recoñecida coa Medalla de Prata, e que conseguiu unha puntuación de 85-90 puntos, foi o Sin Palabras edición especial 2010.

Este concurso internacional de carácter anual conta xa con 24 anos de historia. É un dos Concursos internacionais de viños e destilados máis importantes do mundo. Cada ano desenvólvese nunha cidade do mundo distinta para axudar a dar visibilidade internacional aos viños rexionais e ao seu turismo vinícola. Nesta edición competiron máis de 500 produtores españois. O panel de cata estivo integrado por 320 expertos. As catas son realizadas “a cegas” e cada xuíz catou 50 viños ao día. Catáronse 9.080 viños e licores de 50 países.

Adegas Castrobey é unha adega familiar fundada por José Castro Brey e Isabel Pereiro Becerra en 1983. É unha das adegas máis interiores de Galicia, dentro da D.O. Rías Baixas. Combina a produción artesanal dentro do viñedo coas técnicas máis avanzadas de criomaceración e de fermentación controlada en aceiro inoxidable. As súas instalacións están situadas dentro da D.O. Rías Baixas (subzona do Ulla) na localidade de Camanzo. Os viñedos atópanse dentro dos antigos límites do convento de San Salvador de Camanzo, auténtica “viticultura monacal”.

Comparte...