A Feira do Viño de Ribeiro encherase de actividades ao redor do viño, a gastronomía e a música

A Feira do Viño de Ribeiro encherase de actividades ao redor do viño, a gastronomía e a música

A Feira do Viño de Ribeiro alcanza este ano a súa edición número 55. Durante os día 28, 29, 30 de abril e 1 de maio de 2018, o recinto da Alameda de Ribadavia (Ourense) acollerá un cartel cheo de actividades relacionadas co mundo do viño.

Se fai tan só un mes se daba a coñecer o deseño do cartel da Feira, agora o evento xa ten confirmadas un total de 36 bodegas participantes. Para poder probar os viños de Ribeiro, o público deberá comprar a súa copa e os tíckets de puntos na caseta de venda. Posteriormente nas casetas das adegas poderanse degustar os viños mediante tres opcións: “proba” (unha pequena cantidade de viño para poder catalo), “copa” ou “botella”.

A inauguración do evento terá lugar o sábado 28 de abril ás 11 da mañá, e correrá a cargo de Don Francisco Rego Martínez, experto en viticultura.

O domingo a actividade máis destacada son dous talleres de cociña, que se celebrarán ao mediodía e pola noite. O primeiro, ás 12 da mañá estará impartido polo chef Estrella Michelín Marcos Morán. Ambas as clases contarán tamén coa presenza de Xoan Cannas, que maridará os pratos elaborados durante o taller con viño de Ribeiro.

Durante o sábado e o domingo celebraranse ademais catas populares. Estas catas distínguense porque son realizadas polo público asistente á Feira, que é o que premia os mellores viños de Ribeiro. A cata será completamente a cegas, é dicir, os participantes non saberán de que adega é cada viño ao dar a súa puntuación. Desta cata sairán galardoados os mellores viños e tamén os mellores catadores.

Na xornada do luns serán os máis pequenos os que poñerán a proba as súas habilidades culinarias nun taller que se celebrará ás 12 da mañá. Ademais, este mesmo día pola tarde o IES O Ribeiro (que conta cos ciclos de Aceites de Oliva e Viños e Vitivinicultura) impartirá unha presentación.

O martes, día final da Feira, pecharase coa entrega dos premios da Cata Popular da “ Feira do Viño de Ribeiro”.

A Feira encherase ademais doutras moitas actividades relacionadas co mundo do viño, pero tamén se lle engadirán actividades infantís como “Ribeirolandia”, música en vivo durante todos os días do evento, un mercado artesanal, a exposición dunha botella de viño 6 metros situada no recinto da Feira, etc.

 

Comparte...