A Feira do Viño de Valdeorras alcanza a súa maioría de idade con notable éxito de público

A Feira do Viño de Valdeorras alcanza a súa maioría de idade con notable éxito de público

Sete dos seus viños foron premiados na XVI Cata da Feira do Viño de Valdeorras

A Praza de Viloira do Barco de Valdeorras estreábase como emprazamento elixido para celebrar a XVIII Feira do Viño de Valdeorras nunha edición moi especial xa que era a da súa “maioría de idade” e a da estrea do actual presidente do Consello Regulador D.O Valdeorras, José Vicente Solarat, que se mostrou satisfeito pola gran afluencia de público, especialmente novos, ao recinto feiral para visitar as 16 adegas que tomaron parte nesta edición.

Julián Villamarín, directivo da empresa Autoneum Spain Northwest cunha das súas factorías na Rúa e persoa moi vinculada á comarca, foi o encargado de ofrecer o pregón desta festa, que chegaba á súa XVIII edición coa calidade como bandeira da creación destes viños, marcados por un clima e características especiais da terra que lle confiren as súas características particulares e que lles fixeron acredores, por exemplo, do premio como ?mellor titno de Galicia?, recentemente concedido nas Catas de Viños de Galicia.

Ademais, na última xornada déronse a coñcer os premios da XVI Cata da Feira do Viño de Valdeorras que se entregaron a un total de sete viños, escollidos nunha cata celebrada na sede do Consello Regulador de Valdeorras en Vilamartin coa presenza de 10 expertos e 34 viños que se presentaron a concurso das 16 adegas presentes na feira. Os premiados foron en brancos, 1º premio para Adega Santa Marta SAT co seu viño Viñaredo Godello; 2º premio: Adega A Coroa SAT co seu viño A Coroa Godello e 3º premio: Adega Guitián e Branco SC co seu viño D´Berna Godello mentres que en tintos o primeiro premio foi para Adega Eladio Santalla Paradelo co seu viño Haacienda Ucediños mencia; 2º premio: Adegas Ruchel SL co seu viño Ruchel Segredos mencia e 3º premio: Adega Quinta dá Peza SL co seu viño Quinta dá Peza mencia. Tamén houbo unha mención especial para Adega Roandi SL co seu viño Domus Roandi 2011 na categoría Outras anadas.

A feira completou a súa programación con actividades musicais e unha cata popular conducida pola catadora e colaboradora de Benbo, Mercedes González.

Comparte...