A Fundación Dieta Atlántica estrea web

A Fundación Dieta Atlántica estrea web

En 2007 nacía a Fundación Dieta Atlántica, co obxectivo de fomentar o estudo, a investigación e a difusión dos beneficios do conxunto de costumes e produtos alimentarios desta zona para a saúde. A promotora da iniciativa é a Universidade de Santiago de Compostela e detrás do proxecto encóntrase un sólido comité científico que se encarga de realizar diversas investigacións e estudos que refutan a calidade e variedade da nosa dieta. A partir de agora, todo o coñecemento recompilado xa se pode consultar online na súa web www.fundaciondietatlantica.com. Alimentos de tempada, beneficios, actividades gastronómicas vinculadas e mesmo receitas, xa están a disposición de todo aquel que teña conexión a Internet.

A Dieta Atlántica, non tan coñecida internacionalmente como a Mediterránea, destaca pola súa abundancia en produtos frescos minimamente procesados e cociñados preferentemente cocidos, guisados e á brasa. A abundancia de cereais, lácteos como o queixo, unha ampla variedade de vexetais e peixes, o uso de aceite de oliva e un consumo de viño moderado nas comidas, convértea nunha forma moi saudable de alimentarse sen renunciar á calidade culinaria.

Comparte...