La Galiciana, o primeiro mercado gastronómico de Santiago, abre hoxe as súas portas

La Galiciana, o primeiro mercado gastronómico de Santiago, abre hoxe as súas portas

La Galiciana, o primeiro mercado gastronómico de Santiago, abre hoxe ao público. O novo local, situado na rúa Gómez Ulla, e que conta con 16 espazos no seu interior pretende converterse en un referente para a gastronomía compostelá apostando por produtos diferentes e axuntados nun mesmo espazo.

O local que ocupa o Mercado de La Galiciana é o dunha nave industrial con máis de 60 anos de antigüidade e que conta con máis de 1200 metros cadrados, dedicados á gastronomía. O seu nome, “La Galiciana”, fai referencia precisamente ás comidas que realizaban os emigrantes galegos en Cuba, lembrando a terra cos seus produtos típicos.

Para Benigno Sánchez, xerente de La Galiciana e un dos 4 artífices deste mercado gastronómico trátase dun proxecto “que fixemos con moitísimo agarimo” e que busca reflectir a esencia dos mercados gastronómicos mesturada coa tradición culinaria galega. Para el, os mercados gastronómicos son “sitios principalmente sociais onde a xente ten a oportunidade de gozar ao redor da gastronomía e a cultura do seu país”. Unha tendencia á alza en cidades como Madrid ou Barcelona e que agora chega á capital de Galicia.

Ademais, Sánchez destacou a calidade dos locais que se inclúen en La Galiciana e que inclúen un vegano, un italiano, un xaponés-galaico, unha polbeira, unha mariscaría, un espazo dedicado ás patacas, unha  hamburguesería  gourmet, unha xeadería… E por suposto, unha boa oferta de bebidas, cunha  viñoteca que inclúe viños das 5 denominacións de orixe e de pequenos produtores galegos e unha cervexaría artesá na que poden probarse, entre outras, a caña de cervexa de Pementos de Padrón lanzada por Estrella Galicia, responsable da parte cervexeira de La Galiciana. Ademais, tamén conta cun espazo de cócteles, Grolos, situado na segunda planta do mercado.

Unha oportunidade para probar produtos cun toque diferente como o hummus de albahaca pero tamén para apostar pola gastronomía tradicional, con produtos coma o polbo, que ofrece De pata en pata, a polbeira do Estrela Michelín polo restaurante  Lúa de Madrid, Manuel Domínguez.  O Mercado abrirará de 12 a 12 pola semana e ampliará o seu horario durante o fin de semana.

Comparte...