A xenebra Opihr busca embaixador en Galicia a través dun concurso internacional

A xenebra Opihr busca embaixador en Galicia a través dun concurso internacional

A xenebra oriental especial Opihr reta aos barmans galegos a que paricipen coas súas mellores creacións no concurso que esta marca puxo en marcha a nivel internacional para buscar ao seu próximo Embaixador Internacional durante o ano 2015-2016. Para iso os participantes deberán superar a primeira criba, a de conseguir ser un dos dous finalistas españois que viaxarán o próximo mes de setembro a Marrakech, onde competirán polo título mundial ao mellor bartender fronte aos representantes de Reino Unido, Estados Unidos, Portugal e Irlanda.

Para participar na a “Opihr World Adventure Cocktail Competition 2015” os interesados deberán elaborar cócteles orixinais nos que se reflictan os sabores que caracterizan esta marca, especialmente as bayas de cubeba de Indonesia, pementa tellicherry da India e cilantro de Marrocos, que son só algúns dos botánicos cos que se logra crear esta xenebra destilada por G&J Distiller, inspirada na antiga Ruta das Especias.

O prazo para presentar a receita está aberto até o 15 de agosto, data límite para formar parte desta aventura, para a que deberán inscribirse a través da web www.opihr.com/es. Os nomes dos dous finalistas españois coñeceranse en setembro e a final terá lugar do 17 ao 20 de setembro en Marrakech. Alí, os finalistas de todos os países participantes realizarán diversas probas de habilidade e precisión, ademais dunha ruta polo zoco da cidade onde, cun tempo e orzamento limitados, deberán abastecerse con todos os ingredientes do cóctel que prepararán na final.

Comparte...