A hamburguesería La Pepita desembarca en Pontevedra

A hamburguesería La Pepita desembarca en Pontevedra

La Pepita abriu onte as súas portas na cidade do Lérez, na rúa Cobián Roffignac 2, tras consolidarse xa en Vigo co seu primeiro local. Este concepto de hamburguesería baseado en ingredientes de calidade e con moito acento galego, conquistou xa moitos adeptos a este prato tradicional americano. Os seus dous establecementos destacan polo seu estilo, con certo aire industrial e materiais reciclados e antigos, e unha presentación da comida moi coidada e moderna.

O pan que utilizan é artesanal, de diferentes variedades (rústico, clásico ou, por exemplo, “blandito”). O menú dispón, ademais, de moitos elementos innovadores como a “Pepita Pulgarcita ” para nenos e creacións propias, como o son todas as salsas que ofrecen aos seus clientes. Segundo os seus propios xerentes “o noso segredo é facer as hamburguesas coa mellor carne, proveniente de varias rexións do norte de España, sen conxelalas nin as precociñar, feitas á brasa, para que teñan ese inconfundible sabor a barbacoa”.

Máis información www.lapepitaburgerbar.com

Comparte...