A Ruta do Viño Rías Baixas celebrou unha Cata entre Amigos en Pontevedra

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrou unha Cata entre Amigos en Pontevedra

Á sesión acudiron unha trintena de persoas, que degustaron catro marcas maridadas con conservas

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrou a segunda das súas Catas entre Amigos, actividade que se inclúe dentro do programa especial do vinte aniversario da creación desta asociación sen ánimo de lucro.

A cita desenvolveuse o pasado venres, 1 de abril, no Pazo de Mugartegui (Pontevedra). A ela asistiron 30 persoas procedentes da propia cidade, de Vigo e de Santiago. A diferenza da anterior ocasión, a degustación centrouse nos viños tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas elaborados por catro adegas asociadas da Ruta do Viño e pertencentes a catro subzonas distintas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal e Ribeira do Ulla.

O catador Nacho Costoya foi o encargado de dirixir a sesión na que se deron a coñecer máis detalles sobre os tintos de Rías Baixas. Ademais, introducíuselles nas distintas fases da cata, que permiten analizar e distinguir os viños con maior profundidade.

A Cata entre Amigos de Pontevedra tamén incluíu unha degustación de conservas achegadas desde Anfaco-Cecopesca. Nesta ocasión, utilizáronse mexillóns e zamburiñas para combinar cos catro viños elixidos.

Próximas citas

O programa Catas entre Amigos continuará nas próximas semanas nas cidades da Coruña e Vigo. No primeiro caso, desenvolverase unha degustación de brancos da Denominación de Orixe Rías Baixas, mentres que no segundo, a cata centrarase, novamente, nos viños tintos.

Comparte...