A Sala Micolóxica Plan C cumpre dous anos

A Sala Micolóxica Plan C cumpre dous anos

Plan C sala micolóxica-tapería de Celanova está de parabén xa que a única sala micolóxica de Galicia cumpre dous anos ofrecendo unha coidada carta na que poder degustar ata 25 variedades de cogomelos en multitude de preparaciónspreparadas baixo diversas fórmulas. Ademais, o espazo de tapería combínase cun apartado para a divulgación con expositores e cartelaría, unha biblioteca específica agraria-micolóxica e unha sala de conferencias onde realizar charlas e proxeccións cos cogomelos como protagonistas, aínda que o seu impulsor, Alejandro Mínguez, colaborador de Benbo no número 6 da nosa revista, cederon en máis dunha ocasión o seu espazo para realizar charlas e cursos de diversa índole.

Mínguez móstrase moi satisfeito cos resultados cultivados durante estes dous anos, tanto dos comentarios directos dos propios clientes como coas puntuacións de portais de referencia como Triadvisor.

Ademais, esta sala micologica protagonizou diversos foros como modelo de dinamización rural, na Universidade de Vigo por exemplo e serviu para que Celanova conte cun Taller de Emprego único do seu xénero sobre a micoloxía chegando a recibir propostas para “franquiciar” a idea. Desde Benbo, parabén!!

Comparte...